Como empregar
Que é posible facer con este glosario?
GloSabio permite consultar información filolóxica e histórica contextualizada sobre os topónimos e antropónimos das Cantigas de Santa María, así como navegar por exposicións temáticas construídas a partir desta información. Esta páxina explica brevemente como buscar e como interpretar as fichas.
1. Buscar nomes de persoa e de lugar
Navegación por listas
- Desde a páxina de inicio pode acceder ás listas completas mediante os botóns Explorar antropónimos e Explorar topónimos.
- Desde Buscar elementos na barra superior pode acceder á lista completa de topónimos e antropónimos.
- Dentro de cada lista é posible filtrar por título, colección, etiqueta ou usar o buscador xeral para localizar un nome concreto.
Buscador xeral
- O campo Advanced Search da barra superior permite buscar por palabras clave en todos os ítems do glosario.
- Pódese combinar o nome propio cun outro termo (por exemplo, un topónimo e o nome dun personaxe) para restrinxir os resultados.
2. Como ler unha ficha
Cada entrada de GloSabio preséntase como un ítem cun conxunto de campos fixos. Os máis importantes son:
- Forma do nome: lema normalizado do antroponimo ou topónimo, acompañado, cando é preciso, das súas variantes gráficas.
- Tipo de entidade: distingue, por exemplo, entre personaxe histórico, personaxe literario, lugar real ou lugar simbólico.
- Contexto nas cantigas: resume o papel do nome dentro das Cantigas de Santa María e indica os números de cantiga en que aparece.
- Referencias bibliográficas: sinala estudos de referencia para ampliar información sobre o nome propio ou o problema onomástico correspondente.
Noutras seccións poden aparecer notas filolóxicas adicionais (etimoloxía, identificación dubidosa, variantes manuscritas) que axudan a interpretar mellor o texto.
3. Exposicións e outros recursos
Exposicións temáticas
- Apartir dos datos do glosario creáronse algunhas exposicións (por exemplo, dedicadas a condes ou a santuarios de Ultramar) que permiten visualizar conxuntos de nomes nun contexto narrativo.
- Desde a sección Ver exposicións pódense percorrer estes percorridos temáticos e acceder directamente ás fichas correspondentes.
Bibliografía e contacto
- A páxina Bibliografía recolle unha selección de estudos sobre as Cantigas de Santa María e sobre onomástica medieval relacionados co proxecto.
- Para suxestións, correccións ou propostas de colaboración pode empregarse o formulario de Contacta connosco ou escribir a m.negri@usc.gal.
