Afonso (don)
- Orixe
- Don Affonso (393, VII, 2)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Birthplace
- Arcos de la Frontera
- Biographical Text
- Nome dun labrador de Arcos de la Frontera (Mettmann 1981: 436) que, na CSM 393, presenta o seu sobriño (tamén chamado Alfonso) á Virxe de El Puerto de Santa María pedíndolle que o cure dun grave caso de rabia. Despois de catro días de incubación no interior da igrexa, por fin acontece o milagre e o piadoso devoto non dubida en agradecer á Virxe xunto cos que tiveron a fortuna de presenciar o prodixio. É probable que, como nos casos de Don Manuel, Pedro Lourenço e Guillén Ramón de Rocafull (pero tamén doutros devotos que aparecen vinculados ao santuario de El Puerto de Santa María, como Sancha, Johane, Pedro de Marsella, Domingo, Maestr'Ali e Bonamic), o nome da personaxe fai referencia a un referente concreto, activo e vivo no momento da composición dos respectivos textos (Snow 1979: 15; O'Callaghan 1998: 185-186). Porén, se consideramos o carácter xenérico da denominación carente de elementos caracterizadores, neste caso tamén resulta lexítima a hipótese de que o nome se refire deliberadamente a un referente xenérico para comunicar a universalidade da intervención da Virxe local
- Bibliography
- Mettmann 1981 = Walter Mettmann (ed.), Alfonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María, Vigo, Xerais, 1981, 2 vols.
- O’Callaghan 1998 = Joseph F. O’Callaghan, Alfonso X and the Cantigas de Santa Maria. A Poetic Biography, Leiden-Boston-Köln, Brill, 1998
- Snow 1979 = Joseph T. Snow, “A Chapter in Alfonso X’s personal narrative: The Puerto de Santa María poems in the Cantigas de Santa Maria”, La Corónica, 8, 1979, pp. 10-21
Person Item Type Metadata
Colección
Cita
Manuel Negri, “Afonso (don),” GloSabio: Persoas e Lugares nas Cantigas de Santa María, accedeu a 17 setembro 2024, https://glosabio.omeka.net/items/show/8.