Xoán Boca-d'Ouro (san)
- Orixe
- San Joan Boca-d’Ouro (138, Ep.) / Johan Boca-d’Ouro (138, II, 4) / San Yoan (138, XII, 1) / San Yoane (138, XIV, 1)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Birth Date
- 340 ca.
- Death Date
- 407
- Occupation
- Bispo
- Biographical Text
- San Xoán Crisóstomo, patriarca de Constantinopla. Con outros tres bispos, Atanasio, Gregorio de Naziancio e Basilio, é considerado un dos grandes Doutores da Igrexa Oriental. Retirouse ao deserto aos 30 anos e aceptou o diaconado en 381 por orde de Flavio, bispo de Antioquía. Sacerdote no 386, comezou a súa vida como orador en Constantinopla, onde foi elixido arcebispo. Franco ao falar, atraerá despois a antipatía dos poderosos aos que non dubida en criticar nos seus sermóns por conduta licenciosa e disoluta. Por iso, grazas ao bispo de Alexandría Teófilo, será finalmente exiliado a Armenia e morrerá no 407 durante o seu traslado á costa oriental do Mar Negro (Daix 1996: 198). Para o período do seu servizo episcopal e un resumo da súa vida, cf. Simonetti 1969: 305. En canto á data de nacemento dentro do intervalo de tempo que vai de 340 a 350, cf. Dattrino 1995. Sobre o epíteto ornans 'Chrysostom' (os aureum), que pasou despois de adxectivo a verdadeiro cognomen a partir da invención do escritor latino Facundus de Hermiane (547 ca.), cf. Bauer 1907:59
- Bibliography
- C. Baur, S. Jean Chrysostome et ses oeuvres dans l'histoire littéraire. Essai présenté à l'occasion du XVe centenaire de saint Jean Chrysostome, Paris-Louvain, Imprimerie Jules De Meester, 1907
- G. Daix, Dictionnaire des saints, Paris, JC Lattès, 1996
- L. Dattrino (ed.), Palladius. Dialogo sulla vita di Giovanni Crisostomo, Roma, Città Nuova, 1995
- Manuel Negri, Le Cantigas dei santi nello scriptorium del re Alfonso X Il Saggio, Tesi di Dottorato, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela, 2017, vol. I
- M. Simonetti, La letteratura cristiana antica greca e latina. Con una introduzione di Giuseppe Lazzati, Firenze, Sansoni, 1969
Person Item Type Metadata
Colección
Etiquetas
Cita
Manuel Negri, “Xoán Boca-d'Ouro (san),” GloSabio, accedeu a 16 novembro 2025, https://glosabio.omeka.net/items/show/27.