Vila-Sirga
- Títulos
- Vila-Sirga
- Descrición
- 42°19′N 4°32′W
- Orixe
- Vila-Sirga (31, I, 2, X, 2; 217, Ep., II, 2; 218, Ep., I, 1, VII, 4, XII, 3; 227, II, 2, III, 3, X, 3; 229, Ep., I, 4; 232, Ep., VI, 1; 234, Ep., IV, 2; 243, Ep., I, 3, IV, 4; 253, Ep., VII, 3, VIII, 1; 268, Ep., I, 4, VI, 2, VII, 3; 278; Ep. (x2), I, 2, II, 2, VII, 4, VIII, 4, IX, 3; 301, Ep., I, 2, VI, 3; 313, Ep., III, 2, VIII, 1, IX, 2, XII, 1, XV, 4, XVI, 2; 355, Ep., IX, 4, XI, 2, XVII, 2, XXII, 1, XXIV, 2) / Vila-Sirgu’ (243, VI, 1; 268, IV, 3; 355, IV, 2)
- Colaborador/a
- Nuria García García
Dublin Core
- Historical description
- O topónimo Villalcázar procede do latino villa ('granxa, quinta' etc) e do árabe quars ('palacio' ou 'fortaleza'); Sirga refírese a que así se denominaba o vello camiño francés (Villalcázar 2023). Santa María de Villasirga, tamén coñecida como Villalcázar de Sirga, é unha vila situada a 40 km ao norte de Palencia, entre Frómista e Carrión dos Condes, na comarca de Terra de Campos (Castela León, esténdese polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León) (CVC 2023). Nas CSM, Afonso X chámaa Vila-Sirga, mais pronto pasaría a ser Villasirga, ata mediados do XVII. A partir de aí aparece indistintamente como Villasirga ou Villalcázar de Sirga (Antolín Fernández 1971: 165). Destaca nela a igrexa de Santa María e a imaxe da Virxe Branca, que se converteu nun dos centros marianos máis importantes do Camiño de Santiago (CVC 2023). Afonso X dedícalle á Virxe de Vila-Sirga doce CSM, como por exemplo a n. 229. O milagre que conta neste texto (deixar cegos a uns musulmáns que querían derribar o templo) ocorre incluso antes de ser acabada a igrexa. A importancia que tiña vese, por exemplo, na CSM 313, na que se invoca a Virxe incluso ante o perigo no medio do Mar Mediterráneo (Antolín Fernández 1971: 172-174)
- Bibliography
- CVC = Centro Virtual Cervantes. VV. AA., "El Camino de Santiago", 2023
- J. E. Antolín Fernández, "Villasirga", Publicaciones de la Institución Tello Téllez de Meneses, 30, 1971, pp. 157-223
- Villalcázar = Villalcázar de Sirga. Web pública do concello [último acceso: 11/01/2023]
Place Item Type Metadata
Colección
Etiquetas
Cita
“Vila-Sirga,” GloSabio, accedeu a 16 decembro 2025, https://glosabio.omeka.net/items/show/24.
