Abiram
- Orixe
- Abiron (240, VI, 4)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Biographical Text
- Nome que aparece na cantiga de loor 240 e que fai referencia a una personaxe bíblica (Mettmann 1972: 3; Mettmann 1981: 429; Mettmann 1988: 329), símbolo de desobediencia e traizón en termos de fe (Fidalgo 2003: 270). A forma que transmite o texto de Alfonso (Abiron) deriva obviamente do hebreo 'abi̅rām, (que significa: 'o pai de Deus é sublime'), configurándose como unha adaptación do mesmo. A referencia é a aquela personaxe da tribo de Rubén, fillo de Eliab, que chegou a ser protagonista -xunto co seu irmán Datàn (tamén mencionado no texto medieval galego) e outros douscentos cincuenta israelitas procedentes das filas dos principais expoñentes de a Sinagoga- do levantamento contra a autoridade de Moisés e as leis divinas promulgadas por el mesmo (Fidalgo 2003: 265; González Martínez 2007: 583). Esta sedición converterase entón en traxedia: ao conseguir Moisés e Aarón o favor divino durante un xuízo especialmente organizado para resolver o asunto, Deus ordénalles de afastarse das tendas dos rebeldes, para despois abrir un abismo baixo este último co obxectivo de mandalos directamente ao Inferno, devorados polas chamas. Todo o episodio está contado no Libro dos Números (16, 1-35), logo evocado de novo en forma abreviada neste Libro uns capítulos máis adiante (26, 9-10), así como no Deuteronomio (11, 10). 6: "Et Dathan atque Abiron filiis Eliab [...] quos Aperto ore suo terra absorbuit cum domibus et tabernaculis, et universa substantia eorum, quam habebant in medio Israel")
- Bibliography
- Fidalgo Francisco 2003 = Elvira Fidalgo Francisco (coord.), As Cantigas de Loor de Santa María (edición e comentario), Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2003
- González Martínez 2007 = Déborah González Martínez, “A onomástica persoal na lírica medieval galego-portuguesa”, in Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, 2007, pp. 579-602
- Mettmann 1972 = Walter Mettmann (ed.), Afonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María. Volume IV (Glossário), Coimbra, Universidade de Coimbra, 1972
- Mettmann 1981 = Walter Mettmann (ed.), Alfonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María, Vigo, Xerais, 1981, 2 vols.
- Mettmann 1988 = Walter Mettmann (ed.), Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa María. Cantigas 101 a 260. II. Edición, introducción y notas, Madrid, Castalia, 1988
Person Item Type Metadata
Colección
Cita
Manuel Negri, “Abiram,” GloSabio: Persoas e Lugares nas Cantigas de Santa María, accedeu a 17 setembro 2024, https://glosabio.omeka.net/items/show/2.