Rachel
- Orixe
- Rachel (4, VIII, 1, 8)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Biographical Text
- Nome da nai de Abel, o neno xudeu protagonista de CSM 4, ao que non hai un referente concreto (Mettmann 1986: 63). Os nomes propios que se proporcionan respecto das personaxes deste milagre configúranse como novidade da versión alfonsina con respecto á tradición restante sobre o prodixio (Forsythe Dexter 1926: 11). Isto suxeriría, por parte do soberano e dos seus colaboradores, a vontade de darlle á historia unha verosimilitude máis acusada, precisamente grazas á utilización de antropónimos de ascendencia xudía. Porén, como observa Francisco Corti, a elección de Raquel como nome para unha nai desesperada polo asasinato do seu fillo non sería aquí do todo aleatoria: escolleuse quizais coa intención de lembrar á memoria do oínte "la mujer bíblica que llora sus hijos”, citada nos Evanxeos a través dunha correspondencia tipolóxica coa “Matanza de los Inocentes” (Corti 2008-2009: 235). Ademais das citadas razóns xeográficas e simbólicas, cabe pensar que esta escolla antroponímica (tamén rematada en -el e en rima, como Abel e Samuel) tamén se fixo necesaria para satisfacer necesidades a nivel métrico e de rima (Forsythe Dexter 1926:11)
- Bibliography
- Francisco Corti, "Lectura retórica visual de la Cantiga 4", Alcanate: Revista de Estudios Alfonsíes, 4, 2008-2009, pp. 227-238
- Elise Forsythe Dexter, Sources of the Cantigas of Alfonso el Sabio, Tesi di Dottorato (inedita), Madison, University of Wisconsin-Madison, 1926
Person Item Type Metadata
Colección
Etiquetas
Cita
Manuel Negri, “Rachel,” GloSabio: Persoas e Lugares nas Cantigas de Santa María, accedeu a 16 outubro 2024, https://glosabio.omeka.net/items/show/18.