Pedro Lourenço
- Títulos
- Pedro Lourenço
- Autor
- Manuel Negri
- Orixe
- CSM 377 (VIII, 1, X, 1)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Forma nas CSM
- Pedro Lourenço
- Ocupación
- Pintor
- Información prosopográfica
Como nos casos de Don Manuel, Pedro de Marsella e Guillén Ramón de Rocafull —así como doutros devotos vinculados ao santuario do Porto de Santa María, como Sancha, Johane, Afonso, Domingo, Maestr’Ali e Bonamic—, é probábel que o nome e a caracterización do personaxe estean inspirados nun referente concreto, activo no tempo da composición dos textos (Snow 1979: 15‑16; O’Callaghan 1998: 185‑186). Na CSM 377, Pedro Lourenço é descrito como un dos pintores (ou miniaturistas) máis talentosos ao servizo do Rei Sabio, case sen rival, ata o punto de obter unha gran recompensa por parte do monarca —non sen os obstáculos postos pola chancelería— despois de demostrar a súa mestría ao pintar a imaxe da Virxe María: a escribanía de Villa Real (Ballesteros Beretta 1984: 302).
- Bibliografía
Ballesteros Beretta 1984 = Antonio Ballesteros Beretta, Alfonso X El Sabio. Con indices de Miguel Rodriguez Llopis, Barcelona, El Albir, 1984.
O’Callaghan 1998 = Joseph F. O’Callaghan, Alfonso X and the Cantigas de Santa Maria. A Poetic Biography, Leiden-Boston-Köln, Brill, 1998.
Snow 1979 = Joseph T. Snow, “A Chapter in Alfonso X’s personal narrative: The Puerto de Santa María poems in the Cantigas de Santa Maria”, La Corónica, 8, 1979, pp. 10-21.
