Pedro de Marsella (maestre)
- Orixe
- Maestre Pedro (389, VIII, 1) / Maestre Pedro de Marsella (389, Ep., III, 3)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Occupation
- Cirurxián
- Biographical Text
- Nome do pai dun neno sevillano que no seu leito de morte cura milagrosamente tras ser confiado á Virxe do Porto de Santa María; ao final da historia, como agradecemento, Pedro de Marsella ofrecerá á igrexa dous capóns. Segundo se especifica na CSM 389, antes de casar e vivir en Sevilla, fora abade (O'Callaghan 1998: 184; Montoya Martínez 1981: 149). É probable que, como nos casos de Don Manuel, Pedro Lourenço e Guillén Ramón de Rocafull (pero tamén doutros devotos vinculados ao santuario do Puerto de Santa María, como Sancha, Johane, Afonso, Domingo, Maestr'Ali e Bonamic), o nome e a caracterización da personaxe inspiráronse nun referente concreto, activo e vivo no momento da composición dos respectivos textos (Snow 1979: 15; O'Callaghan 1998: 185-186). Na documentación real aparece o nome de Pedro de Marsella en relación a un cirurxián da cámara do rei, no marco da recollida de fondos de Castela e Estremadura co obxectivo de preparar o exército contra Granada e África; o documento data do 24 de febreiro de 1279 e quen se cita non é o encargado de recibir os décimos dos coxedores instruídos polo soberano (Aznar Vallejo 2020-2021: 197; González Jiménez-Carmona Ruiz 2012: doc. nº 3088). Cos poucos datos dispoñibles, non é posible, porén, saber se Afonso X e os seus colaboradores puideron inspirarse neste referente para o carácter de CSM 389, ou se se trata dun mero caso de homonimia
- Bibliography
- Eduardo Aznar Vallejo, "Las actividades marítimas en Andalucía durante el reinado de Alfonso X", Alcanate: Revista de Estudios Alfonsíes, 12, 2020-2021, pp. 183-207
- Manuel González Jiménez-M. Antonia Carmona Ruiz, Documentación e itinerario de Alfonso X el Sábio, Sevilla, Universidad de Sevilla, 2012
- Jesús Montoya Martínez, "Datos para la historia del Puerto de Santa María", Cuadernos de Estudios Medievales y Ciencias y Técnicas Historiográficas, 6-7, 1981, pp. 141-153
- Joseph T. Snow, "A Chapter in Alfonso X's personal narrative: The Puerto de Santa María poems in the Cantigas de Santa Maria", La Corónica, 8, 1979, pp. 10-21
Person Item Type Metadata
Colección
Etiquetas
Cita
Manuel Negri, “Pedro de Marsella (maestre),” GloSabio: Persoas e Lugares nas Cantigas de Santa María, accedeu a 16 outubro 2024, https://glosabio.omeka.net/items/show/16.