Datan
- Orixe
- Datan (240, VI, 4)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Biographical Text
- Nome que aparece na CSM 240 e que fai referencia a unha personaxe bíblica (Mettmann 1981: 514; Mettmann 1988: 329), símbolo de desobediencia e traizón en termos de fe (Fidalgo 2004: 270). A referencia é a aquela personaxe da tribo de Rubén, fillo de Eliab, que chegou a ser protagonista -xunto co seu irmán Abiram (tamén mencionado no texto medieval galego) e outros douscentos cincuenta israelitas procedentes das filas dos principais expoñentes de a Sinagoga- do levantamento contra a autoridade de Moisés e as leis divinas promulgadas por el mesmo (Fidalgo 2004: 265; González Martínez 2007: 583). Esta sedición converterase en traxedia: ao conseguir Moisés e Aarón o favor divino durante un xuízo especialmente organizado para resolver o asunto, Deus ordénalles de afastarse das tendas dos rebeldes, para logo abrir un abismo baixo estes últimos co obxectivo de mándaos directamente ao Inferno, devorados polas chamas. Todo o episodio está contado no Libro dos Números (16, 1-35), para logo ser evocado de novo en forma abreviada neste Libro uns capítulos máis adiante (26, 9-10), así como no Deuteronomio (11, 10). 6: "Et Dathan atque Abiron filiis Eliab [...] quos Aperto ore suo terra absorbuit cum domibus et tabernaculis, et universa substantia eorum, quam habebant in medio Israel")
- Bibliography
- Elvira Fidalgo Francisco, As cantigas de Loor de Santa María. Edición e comentario, Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Xunta de Galicia, 2004
- Deborah González Martínez, "A onomástica persoal na lírica medieval galego-portuguesa", Na nosa lyngoage galega: a emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media, Santiago de Compostela, Instituto da Lingua Galega, Consello da Cultura Galega, 2007, pp. 579-602
Person Item Type Metadata
Colección
Etiquetas
Cita
Manuel Negri, “Datan,” GloSabio, accedeu a 16 novembro 2025, https://glosabio.omeka.net/items/show/15.