Abel
- Orixe
- Abel (4, XI, 104)
- Data
- 1252-1284
Dublin Core
- Birthplace
- Bourges
- Biographical Text
- Nome do fillo dun xudeu de Bourges (Francia), ao que non lle corresponde ningún referente concreto (Mettmann 1981: 429; Mettmann 1986: 63). Os nomes propios que se dan sobre as personaxes deste milagre configúranse como unha novidade do texto alfonsino fronte a todas as outras versións do prodixio (Forsythe Dexter 1926: 11). Pode que, deste xeito, grazas ao uso de antropónimos de clara ascendencia xudía, o soberano e os seus colaboradores quixeran darlle máis verosimilitude á historia. Tamén hai que sinalar, como xa destacou Angel Alcalà, que a CSM 4 non oculta as súas débedas co relato do Antigo Testamento do rescate de Ananías, Azarías e Misahel dun forno, contado polo profeta Daniel (Alcalà 1996: 33). Porén, como observa Francisco Prado-Vilar, a elección de Abel como nome para unha vítima indefensa e inocente non resultaría aquí totalmente gratuíta, xa que podería suxerir unha "reference to Christ's own forerunner in Genesis, killed by Cain, who is, in turn, a type for the wandering Jew in medieval antisemitic literature” (Prado-Vilar 2011: 131), constituíndo cada vez máis un elemento de reforzo a ese “simbolismo cristomimético” que impregnaría todo o texto da CSM 4 (véxase tamén o simbolismo no caso de Rachel, o nome da nai de Abel). Ademais das razóns históricas e simbólicas mencionadas anteriormente, cabe pensar que esta escolla antroponímica (tamén rematada en -el e en posición de rima, á par de Samuel e Raquel), resultou case obrigada por necesidade en o nivel métrico e rímico (Forsythe Dexter 1926:11)
- Bibliography
- Alcalá 1996 = Angel Alcalá, “Doctrina teológica y leyendas pías en las Cantigas de Santa María de Alfonso X el Sabio”, Anuario medieval, 8, 1996, pp. 7-42
- Forsythe Dexter 1926 = Elise Forsythe Dexter, Sources of the Cantigas of Alfonso el Sabio, Tesi di Dottorato, Wisconsin, University of Wisconsin-Madison, 1926
- Mettmann 1981 = Walter Mettmann (ed.), Alfonso X, o Sabio. Cantigas de Santa María, Vigo, Xerais, 1981, 2 vols.
- Mettmann 1986 = Walter Mettmann (ed.), Alfonso X, el Sabio. Cantigas de Santa María. Cantigas 1 a 100. I. Edición, introducción y notas, Madrid, Castalia, 1986
- Prado-Vilar 2011 = Francisco Prado-Vilar, “‘Iudeus sacer’: Life, Law, and Identity in the ‘State of Exception’ Called ‘Marian Miracle’”, in Judaism and Christian Art: Aesthetic Anxieties from the Catacombs to Colonialism, Philadephia, 2011, pp. 115-142
Person Item Type Metadata
Colección
Cita
Manuel Negri, “Abel,” GloSabio: Persoas e Lugares nas Cantigas de Santa María, accedeu a 17 setembro 2024, https://glosabio.omeka.net/items/show/1.