GloSabio
GloSabio - Glosario prosopográfico das Cantigas de Santa María
[GAL] GloSabio é unha ferramenta dixital en curso de elaboración para a recuperación e a consulta de información actualizada e contrastada sobre topónimos e antropónimos mencionados nas Cantigas de Santa María. A iniciativa enmárcase no proxecto 2022-PG086 Nomes propios nas Cantigas de Santa María: persoas e lugares. Creación dun dicionario en formato libro dixital e dunha base de datos na rede, financiado pola Xunta de Galicia e realizado na Universidade de Santiago de Compostela [versión BETA].
[ENG] GloSabio is a digital tool currently under development for the retrieval and consultation of updated, reliable information on toponyms and anthroponyms mentioned in the Cantigas de Santa María. The initiative was originally framed within the project 2022-PG086 Proper Names in the Cantigas de Santa María: People and Places. Creation of a Dictionary in Digital Book Format and an Online Database, funded by the Xunta de Galicia and carried out at the University of Santiago de Compostela [versión BETA].
Explorar o glosario
As funcionalidades e os contidos poden cambiar mentres o proxecto avanza.
Use estas ligazóns para navegar polas listas de nomes de persoa e de lugar, ou para ver exposicións temáticas construídas a partir do glosario.
Sobre o proxecto
O proxecto GLOSABIO está en desenvolvemento e amplíase de forma continua. As entradas inclúen información filolóxica e histórica contextualizada, referencias ás Cantigas nas que aparece cada nome e ligazóns a recursos externos cando é posible.
Para máis información sobre o equipo, a metodoloxía e o uso dos datos, consulte a páxina Sobre o proxecto.
